AFUMPO xorde da decisión de varios funcionarios e funcionarias do Concello de Pontevedra de concorrer, como agrupación independente ás próximas eleccións de representantes da xunta de persoal.

Entre os motivos que nos levaron á promoción desta agrupación está o convencemento de que hai moitas cuestións que nin están sendo negociadas nin foron tan sequera propostas polos actuais representantes da xunta, malia que serían compatibles co actual marco normativo e orzamentario.

É por isto que queremos colaborar cos demais sindicatos representados na xunta de persoal e participar na toma das decisións que afectan as condicións laborais de todos os funcionarios deste Concello e á súa vez impulsar propostas ambiciosas pero realistas en materia de conciliación, promoción e desenvolvementos profesional, retribucións, formación e transparencia.

Ao non depender de ningún sindicato non estamos sometidos a directrices que podan afastar as nosas propostas dos intereses dos nosos representados, e tampouco precisamos a tutela dunha organización dese tipo, xa que os nosos candidatos son profesionais da función pública, coma ti, que contan con anos de experiencia e con todos os coñecementos necesarios para identificar os problemas e propor melloras nas condicións de traballo.

En calquera caso, a nosa intención é que este proxecto sexa dinámico, aberto a todos os funcionarias e funcionarios, e que serva para canalizar ata a xunta de persoal aquelas ideas e propostas que desexen formular ou ben a través dos nosos representantes ou mesmo a través desta páxina web.

En resumo, cremos que hai outro xeito de facer as cousas en canto á política de persoal se refire, e queremos que nos des a oportunidade demostralo.

Somos o comezo do cambio que estabas agardando.