Novo sistema de identificación para acceder a contidos

Hola a todas e todos:

Para facilitar o acceso á máxima información posible incorporamos á nosa web un control de acceso a determinados contidos mediante un sistema de usuario-contrasinal, para o cal só haberá que facilitar una dirección de correo electrónico.

Dun lado, os usuarios rexistrados poderan acceder a determinada documentación, como as actas dos órganos de representación e negociación dos traballadores, convenio regulador, proxecto organizativo, etc…

Doutro lado, empregaranse os correos facilitados para enviar información e novas ás persoas interesadas.

O procedemento de rexistro é sinxelo, na parte superior da columna á dereita da páxina figuran as opcións de identifcación e rexistro, ou ben premendo  aquí.

Cómpre facilitar un nome de usuario, un correo electrónico e un contrasinal, una vez feito isto recibiras un correo solicitando a confirmación do rexistro, para o que haberá que premer nun “link”.

Recibiredes outro correo electrónico por si queredes subscribiros a unha lista de notificacións, aconsellamosvos que o fagades, xa que avisarémosvos a través desa canle cada vez que haxa novidades ou cuestións urxentes que queiramos facervos saber.

Para verificar que os que os rexistrades sodes empregados municipais agredeceríamosvos que nos desesdes algunha pista relativa a vosa identidade, ben empregando a dirección de correo corporativa ou ben empregando un nome de usuario similar ó que empregades na intranet municipal.

Deste xeito agardamos cubrir a vosa demanda de información e facilitar a vosa implicación na negociación colectiva.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *