Resumo da mesa de negociación celebrada o día 3 de outbro

O pasado día tres de outubro fomos convocados a unha mesa xeral de negociación, a contundencia do segundo punto da orde do día (análise e reivisión dos postos de traballo, nin máis nin menos) vaticinaba que a reunión que ía a ter lugar estaría marcada polo debate mais que polos acordos e así foi (podedes consultar o borrador da acta, se estades rexistrados en afumpo.es, premendo AQUI).

Unha vez sexa aprobada a acta da sesión subirémola á web para que poidades consultala, no entanto da pasada reunión cómpre destacar dous aspectos:

  • Xa está adxudicado o contrato para elaborar un estudo da organización municipal, e que en teoría servirá de base para a próxima negociación, segundo palabras do concelleiro so falta que se asine o contrato e a empresa disporá de 5 meses e medio para elaborar o informe.
  • A policía non vai a renunciar as súas reividicacións (así o expuxeron os voceiros dos tres sindicatos con representantes do persoal) e que tampouco van cesar as mobilizacións (como xa puidemos comprobar na M30 o pasado luns e o anterior).

Dende o meu punto de vista as posibilidades de que a actual situación derive nunha negociación colectiva son case nulas, xa que, dun lado os axentes da policía local levan moito tempo movilizándose e xa se escoitan voces que afirman que están preto de conseguir unha mellora (se ben ningunha desas voces foi a do Concelleiro de persoal, é certo que lle fixo un guiño á posibilidade de estudar o incremento retributivo se ía acompañado dun incremento de xornada), polo que é moi pouco probable que cesen nas súas mobilizacións. Do mesmo xeito parece pouco probable que a adminsitración avance na vía da negociación sen non cesan aquelas.

Por outra banda, a proposta da Adminsitración é, a data de hoxe, pouco concreta, xa que descoñecemos absolutamente todo o relativo ó contrato, a empresa e ós seu cometidos. Asemade, a amplitude do prazo concedido a esta para elaborar o informe fai que a opción de aparcar unhas reivindicacións sexa pouco apetecible, por decilo dalgún xeito.

Por último, a postura que manifestaron os voceiros dos demais sindicatos é de apoio incondicional ás reivindicacións da policía. Aqueles que comezarón agochandose detras dun acordo dunha asamblea de traballadores sacan peito agora facendo súas as demandas de certos traballadores e só dese traballadores, xa que á data de hoxe non escoitei desas organizacións nin unha soa proposta, petición ou demanda para ningun outro colectivo que non sea a policía local.

Independentemente de que poida estar de acordo ou non coas reivindicacións dos compañeiros do corpo penso que para nada son, nin o colectivo máis agraviado en termos comparativos, nin o mais perxudicado en termos de evolución de funcións e condicións de traballo, e polo tanto non considero que a súa forma de proceder sexa a máis axeitada.

Ovbiamente o traballo que desenvolven os compañeiros da Policía Local ten as súas vantaxes e as súas complicacións, coma todos os postos, e agravios comparativos existien en todas os corpos e subescalas da adminstración (só hai que escoller con con nos queremos comparar para sentirmos agraviados), algúns máis flagrantes, máis obvios e moito máis antigos que os que veñen reivindicando os nosos compañeiros, e aos que tamén haberá que dar solución.

No entanto, malia que penso que a forma de solventar eses agravios é de xeito conxunto e simultaneo, no marco dunha negociación colectiva e planificada (para evitar que a eliminación dun agravio implique a consolidación doutro) considero que na situación actual cómpre dar forma as reivindicacións que preto de 100 traballadores de adminsitración e oficinas plasmaron no documento asinado en xuño  e plantexarlas directamente á administración e loitar para que esta as adopte e as implemente na nosa organización.

No entanto esta loita será de todos os traballadores que creen nas medidas que se propoñen e non só dos delegados sindicais, e chegado o caso haberá que tomar exemplo dos compañeiros que levan xa uns cantos luns concentrandose baixo o balcon do despacho do Alcalde.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *